Ata o momento, o novo presidente de Sogama ocupaba o cargo de coordinador da Zona Sur da empresa pública de Xestur Galicia e previamente (desde xuño de 2009 ata xaneiro de 2014) foi o xerente de Xestur Pontevedra. Ethel Vázquez salientou que estes postos de responsabilidade permitiron a Domínguez Lino acadar a experiencia na xestión administrativa autonómica.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo esta tarde unha reunión co novo presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, logo de que o consello de administración da Sociedade Galega de Medio Ambiente o nomease esta mañá novo responsable.
Ata o momento, o novo presidente de Sogama ocupaba o cargo de coordinador da Zona Sur da empresa pública de Xestur Galicia e previamente (desde xuño de 2009 ata xaneiro de 2014) foi o xerente de Xestur Pontevedra. Ethel Vázquez salientou que estes postos de responsabilidade permitiron a Domínguez Lino acadar a experiencia na xestión administrativa autonómica.
Javier Domínguez Lino é licenciado en Dirección e Administración de Empresas, pola Universidade de Vigo e conta cun master en Xestión de Patrimonios. Ademais da experiencia na administración pública, tamén desempeñou cargos na empresa privada no ámbito da banca.
Durante o encontro, a conselleira de Medio Ambiente trasladoulle ao novo presidente que afiance o papel de Sogama como un servizo clave a disposición dos concellos galegos, que voluntariamente desexen contratarlle a xestión dos refugallos urbanos, que son competencia municipal. Outros dos retos que lle marcou ao anovo presidente de Sogama foi o de impulsar a transformación da planta de elaboración de combustible nunha de recuperación de materiais e a construción dunha nova planta de compostaxe que permitirá levar a mínimos o envío de residuos ao vertedoiro, o que suporá un investimento de 23 millóns de euros.
ep



















