La tasa de reciclado de vidrio alcanzada en 2015 se encuentra 10 puntos por encima

Publicado el: 28 de julio de 2016 a las 09:37
Síguenos
La tasa de reciclado de vidrio alcanzada en 2015 se encuentra 10 puntos por encima

Neste sentido, cabe sinalar que a firme aposta pola hosaelería, sector ao que destinou un investimento de 4,5 millóns de euros (un 81% máis que en 2014), eríxese nunha das claves para a mellora das taxas de reciclado do vidro en España

Tal e como se recolle no seu Informe de Sostibilidade correspondente a 2015, Ecovidrio logrou alcanzar neste período unha taxa de reciclado de vidro superior ao 70%, 10 puntos por riba das esixencias da Unión Europea, posibilitando que a recollida selectiva de vidro crecera máis dun 4% respecto ao 2014, o maior incremento dos últimos 7 anos. Isto foi posible, tal e como indica o SIX, grazas á colaboración dos cidadáns, hostaleiros, Administracións Públicas e empresas adheridas.



Neste sentido, cabe sinalar que a firme aposta pola hosaelería, sector ao que destinou un investimento de 4,5 millóns de euros (un 81% máis que en 2014), eríxese nunha das claves para a mellora das taxas de reciclado do vidro en España. Con tal fin, Ecovidrio procedeu á entrega de 42.000 novos cubos adaptados, instalou 3.000 contedores especiais e puxo en marcha 7 novos servizos porta a porta en distintas cidades, garantindo así a recollida de envases naqueles establecementos que, dada a súa ubicación en cascos históricos, non dispoñen de contedores.

Así mesmo, a asociación reforzou a súa área de operacións a través da habilitación de sistemas de información que permiten recompilar datos de recollida en tempo real, o que propiciará que se planifiquen rutas de recollida máis eficientes e sostibles, que se tomen decisións de forma máis áxil respecto a plans de contenerización e que as solucións adoptadas se adecúen ás necesidades de cada municipio.



CIFRAS

En 2015 recicláronse 700.000 toneladas de envases de vidro, o que vén representar 59 envases anuais por habitante nos máis de 200.000 iglús verdes instalados por toda España (1 recipiente por cada 230 habitantes). Con isto evitouse a extracción de 870.000 toneladas de materias primas e aforráronse 1.956.000MWh de enerxía. Tamén se impediu a emisión de 485.000 toneladas de CO2, o que equivale a dar 120 voltas ao mundo en avión.

Ademais, o pasado ano puxéronse en marcha 70 medidas de prevención e ecodeseño que permitiron reducir o impacto ambiental de cada envase desde o seu deseño ata a súa fabricación, reducindo o peso medio nun 12%.

Afianzar o modelo de economía circular, ao que se axusta plenamente o reciclado do vidro, asegurar a sostibilidade ambiental e loitar contra o cambio climático, representan as tres grandes prioridades de Ecovidrio. A través do seu Plan Estratéxico 2020, a organización pretende incrementar a taxa de reciclado ata o 77%, realizar un investimento de máis de 330 millóns de euros, reforzar a recollida selectiva con 40.000 novos contedores, incrementar as zonas con xestión directa, seguir investindo en campañas de concienciación, promover medidas para incentivar a colaboración da poboación e seguir apostando pola innovación na cadea de reciclado.

Na actualidade, 2.558 compañías que comercializan o 99% dos envases de vidro atópanse adheridas a Ecovidrio, representando máis do 3% do PIB español.

MÁIS CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

A través do estudo “Usos e Actitudes dos Españois fronte ao reciclado de vidro”, dedúcese que 8 de cada 10 fogares declaran reciclar vidro sempre e que 6 de cada 10 xa contan cun contedor verde a menos de 50 metros.

O labor de concienciación e sensibilización social na materia adquire unha gran relevancia. Non en van, Ecovidrio desenvolveu o pasado ano 350 campañas nas que investiu 8,6 millóns de euros, coa particularidade de que medio millón de nenos e mozos formáronse a través do “Plan de Educación para a Reciclaxe”, impartido en máis de 3.000 centros educativos de toda España.

Deja un comentario