Actualizar

viernes, marzo 24, 2023

Separemos ben, reciclaremos mellor se adentra en el Aula de la Naturaleza de Ourense

Monitores ao servizo da campaña da reciclaxe serán os encargados de transmitir aos visitantes a importancia que ten a correcta xestión do lixo que producimos a diario nos fogares e na que o cidadán cumpre un papel fundamental, xa que nas súas mans reside a posibilidade de previr a xeración de residuos

“Separemos ben, reciclaremos mellor” 2014-2015, unha iniciativa educativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama co obxectivo de concienciar e sensibilizar á poboación en torno á xestión sostible dos residuos urbanos e a importancia da súa colaboración no sistema, chegará o próximo día 29 á Aula da Natureza Río Miño a fin de levar a súa mensaxe aos escolares convocados para participar nas actividades deseñadas no marco desta iniciativa. Alí estará entre as 10:00 e as 13:00 horas.

E é que o Aula da Natureza, sita no Paseo Fluvial de Oira, constitúe un instrumento para dar a coñecer á poboación, dunha forma amena e comprensible, os valores naturais, sociais, históricos e culturais que esconde o ecosistema do río Miño, ampliando deste xeito o coñecemento da súa contorna e promovendo condutas de respecto e conservación da mesma.
O espazo divídese en dúas plantas nas que se representa a exposición interpretativa do Miño con 14 paneis, unha maqueta do tramo do río ao seu paso por Ourense, unha maqueta do muíño de «Acea» e unha guía do itinerario onde se explica de forma detallada todas as cuestións vinculadas a este ámbito natural.

ORGANIZACIÓN E INTERESE, OS PRINCIPAIS VALORES

Monitores ao servizo da campaña da reciclaxe serán os encargados de transmitir aos visitantes a importancia que ten a correcta xestión do lixo que producimos a diario nos fogares e na que o cidadán cumpre un papel fundamental, xa que nas súas mans reside a posibilidade de previr a xeración de residuos, a través de prácticas de consumo responsable, de aproveitar ao máximo os produtos mediante a reutilización, e de separalos convenientemente para depositalos nos diferentes contedores habilitados nas vías públicas: amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os envases de cartón e papel; iglú verde, para os de vidro; contedor específico para pilas; e verde convencional, para a fracción resto, que Sogama logra transformar, coas mellores tecnoloxías dispoñibles, en electricidade, levando a cabo unha actividade absolutamente respectuosa co medio ambiente e a saúde pública.

Pero, máis aló das explicacións impartidas, os pequenos terán a oportunidade de participar no xogo xigante da reciclaxe, un dispositivo pedagóxico do que tamén poden facer uso os adultos e que permite poñer a proba os coñecementos adquiridos e interiorizar novos conceptos que, sen dúbida, lles resultarán de gran axuda no seu labor ecolóxico.

Todos os alí presentes serán obsequiados con material divulgativo e didáctico que lles servirá de apoio e guía para mellorar a súa colaboración no sistema de recollida selectiva e incluso para exercer unha función educativa no seu eido familiar.

A terceira edición de “Separemos ben, reciclaremos mellor”, que estará en vigor durante un ano, conta co respaldo de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas: Ecopilas, Ecolec e ERP.

ARTÍCULOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Otras noticias de interés